Trasfondo
Cada personaje tiene una historia. Aquí se cuenta la de Dane Ramad'An.
Detalles
Notas. Ficha Personaxe
.
| Atributo | Músculo | Destreza | Violencia | Enxeño | Vontade |
|---|---|---|---|---|---|
| Puntuación | 1 | 1 | 0 | 1 | 2 |
| Tirada | 2d6+1 | 2d6+1 | 2d6 | 2d6+1 | 2d6+2 |
Profesión: Mecánico. Podes amañar o que sexa nun tempo de 1d6 minutos
Reputación: Fiable. Cando estás axudando a alguén, a dificultade da tarefa diminúe nun rango (de difícil a normal e de normal a fácil). Se é fácil, non é precisa axuda.
ESTADO
- Puntos de Vida (PV): 11 / 11
- Puntos de Cordura (PC): 12 / 12
ATRIBUTOS
- Músculo: 1
- Destreza: 1
- Violencia: 0
- Enxeño: 1
- Vontade: 2
Linguas (vivas ou mortas): Inglés e Alemán.
EQUIPO E ARMAS
- Arma: Chave inglesa pesada (1d6), Escopeta recortada (2d6).
- Obxectos: Caixa de ferramentas de Ford. Chisqueiro Zippo. Foto engurrada coas túas catro amizades favoritas.
TRASFONDO
Dende que recordas non te sintes a gusto. Sempre dixeron que eras unha nena preciosa. Iso non te facía sentir a gusto. Co tempo foches cambiando un pouco o teu estilo. En casa xogabas a probar a roupa de papá. Cando te descubriron en casa se enfadaron moito. Sentías que había algo mal en ti. Non te entendían. Coas amizades da infancia tampouco tiveches moita sorte. Querías xogar a beisbol pero non te deixaban, tiñas que conformarte coas bonecas ou coa corda. Cos anos foi máis intensa a incomodade. Non sabes qué che pasaba. A incomodidade a sentías cada vez que te vías ó espello. Era como se non viras a realidade de algún modo. Intentaches ser quen agardaban pero non o conseguiches
A túa familia amosaba a súa decepción. Ese malestar te acomañou en todas as facetas da túa vida. Sentías inseguridade ao estudar, ao facer actividades. Cada vez ocupabas menos espazo e tiñas menos voz. Finalmente marchaches de casa cando volveron pillarte coa roupa de teu pai. Non sabías que había mal contigo pero a túa famiia non axudaba.
Por sorte tiñas aforros. Compartiches piso con moitas persoas estranxeiras. Era o que poidas permitirte. Escoitaches moitas das súas historias do racismo que sufrían. Comezaches a vertirte cubrindo o teu corpo. Comezaron a tratarte coma a un home. Non era o que buscabas pero finalmente te adaptaches. Sentías medo por todo, estabas só, sen experiencia, sen familia, sen amizades. Tiveches que aguantar a pesar do medo. Chegouche unha oportunidade.
Entraches a traballar en Ford hai anos, en Dearborn. Alí coñeciches a un grupo xenial de traballo. Amosaron moita empatía contigo- Quizais por sufriren racismo, puideron poñerse no teu lugar: Georgina Hoffman e Harry Goldman teñen ascendencia xudía, e Peter (Pietro) Amato e Roberto familias italianas. Este grupo te guiou na empresa e axudou a topar un lugar. Coñecíanse dende a infancia e non tiveron problema en integrarte. Axudáronte a gañar confianza. Agora son a túa familia escollida, a túa toma de terra. Dende que están na túa vida choras menos. Empezas a sentirte cada vez máis ti. En concreto con Roberto é con quen tes máis confianza. É un exemplo para ti: confía en si mesmo. Sempre está para apoiarte e axudarte a crecer.
Houbo despidos masivos e empeoramento das condicións en 1924, hai 2 anos. Organizouse unha folga moi dura, moito. Só pediades traballo digno e rematar coa explotación, cos salarios baixos, horarios imposibles e poder contar con descansos conforme á lei. Era unha manifestación pacífica pero volveuse unha masacre: tiros, apaleamentos. Houbo varias mortes, incluindo un mociño de 16 anos. Nun primeiro momento acusaron ao grupo "comunista" de traballadores/as. Foi tempo despois cando se engadiu unha pequena nota rectificaba e deixaba a responsabilidad das mortes e feridas á policía e á seguridade de Ford.
Vos despediron tras a greve, por participar na manifestación. Georgina e Harry conseguiron emprego no matadeiro de Dearborn. Este foi adquirido por Ford, aínda que o dirixe Paul Brown. Tras a venta as túas amizades volveron ser obxecto de despido. Ford é un antisemita e as túas amizades xudías sábeno mellor ca ninguén. Roberto, Peter e ti facedes traballos máis puntuais, incluso algún timo e roubo en caso de necesidade.
Por isto, aos teus 22 anos, formas parte desta viaxe. Queres ser de axuda nesta loita. Acabades de chegar á "cidade do vento", Chicago. Vos asentades en O'Really. É un hotel barato no barrio irlandes. A Big Joe Romano non lle convenceu o lugar pero rematou aceptándoo. Vides falar co curmán de Roberto: Joe. Vos toparedes nunha sala de xogos. Alí queredes propoñer o voso plan: raptar a Henry Ford e solicitar un rescate. Non tedes capacidade para iso pero agardades que Joe si. Recibirán a metade a cambio. Vós repartiredes a vosa arte co resto de persoas afectadas polos despidos. Tamén quedaredes co suficiente para poder fuxir logo do país. Esperas poder ir con Roberto.
Imaxe de nada_r.ramadan
Rasgos
Rasgos personalizados
A continuación se muestran los rasgos que Dane Ramad'An ha obtenido utilizando medios menos convencionales...