Francesca (Frances) Monti

Medium

Francesca (Frances) Monti

Soldado do Outfit de Al Capone

Trasfondo

Cada personaje tiene una historia. Aquí se cuenta la de Francesca (Frances) Monti.

Detalles

  Notas. Ficha Personaxe

.

Atributo Músculo Destreza Violencia Enxeño Vontade
Puntuación 1 2 1 1 0
Tirada 2d6+1 2d6+2 2d6+1 2d6+1 2d6

Profesión: Contrabandista. Sempre es capaz de esconder no teu corpo un obxecto pequeno (non máis grande que o teu puño) lonxe de cacheos ordinarios

Reputación: Encantadora. A xente tende a relaxarse e falar máis libremente cando estás preto.

ESTADO

  • Puntos de Vida (PV): 11 / 11
  • Puntos de Cordura (PC): 10 / 10

ATRIBUTOS

  • Músculo: 1
  • Destreza: 2
  • Violencia: 1
  • Enxeño: 1
  • Vontade: 0

Linguas (vivas ou mortas): Inglés e Italiano.

EQUIPO E ARMAS

  • Arma: Navalla (1d6), Pistola (1d6).

  • Obxectos: Petaca de alcohol de contrabando. Baralla de cartas marcada. Xoias que pertencían a unha vítima.

TRASFONDO

A túa familia sempre traballou para a mafia de Al Capone. Non cho contaron pero descubríchelo. Viviades moi ben, demasiado, así que investigaches. Decidiches aprender sobre ese mundo. Acudiches a campos de tiro. A túa familia non se opuxo. Tamén te acercaches aos baixos fondos. Sabes como sacar información. Non che custou moito.

Coñeciches a Anastasia. Ela era contrabandista. Fixéstedesvos amigas. Ensinouche como transportar "material" coma unha profesional. Ela tiña moitos encargos. Comezaches a axudala. Axudala ás veces era suplantala. Nas suplantacións coidabas a túa apariencia. Debías parecerte a ela. Non querías problemas.

Un deses encargos era unha arma. Solicitábaa unha tal Álex. Parecía unha muller con cartos. Recoñecible por adornar a súa cabeza sempre cunha flor. Achegácheste a ela. Convertícheste na súa compañeira de tiro. Tiña 5 anos menos ca ti. Era unha boa alumna, algo arrogante.

Houbo unha noite incrible con ela. Competístedes no "disparo a abrir botellas". Puñades botellas en orde, impares. Cada unha dende un lado disparaba: a ver cál abrían máis. Foi un empate emocionante: abrístedes a última entre ambas. Había que celebrar. Bebístedes todas as botellas. Vos deitástedes na herba a ver as estrelas. Bicoute nos beizos. A conto de qué? Marchaches. Non agardabas volver vela.

Seguiches cos teus traballos. Houbo unha moi mala noite. Cando estabas a mover mercancía en nome de Anastasia parece que algo foi mal. Pilláronte. Fuches á comisaría. Interrogoute o Sarxento Walsh. Non foi amable. Inteou sacarche información. Foi moi insistente. Foi moi convicente. Tratoute con total desprezo. Saíches co rostro marcado, unha costela rota e un intenso sabor a sangue. Salvache a túa vida facendo un moi mal trato. Era mellor iso ca morrer. Tiveches que vender a Anastasia. Foi encerrada en prisión.

Falaches con Anastasia en prisión. Puideches vela aos ollos. Ela abriuche moitas portas en Dearborn. Era unha gran aliada. Non merecía estar aí pola túa traizón. Decidiches facer o posible por sacala. Era merecíao. Ti estabas sendo consumida pola culpa. Un día todo cambiou. Anastasia morreu en prisión, seica un axuste de contas. Agora non podías redimirte. Esa sangue mancha as túas mans. Esa morte rompeu a túa alma.

Marchaches a Chicago. Usaches as túas habilidades sociais para topar un sitio no que seguir vivindo. Vivindo baleira pero vivindo. Conseguiches un posto no Outfit de Chicago. Así que aos teus 30 anos traballas para Al Capone. Curiosamente no teu equipo actual está Álex. Non parece saber que fuches Anastasia. Anastasia...

Medium

Rasgos

Rasgos personalizados

A continuación se muestran los rasgos que Francesca (Frances) Monti ha obtenido utilizando medios menos convencionales...

Acciones

En esta sección puedes añadir acciones y comandos rápidos para tu personaje para tener las tiradas más importantes a un click. Estarán disponibles además desde el registro de combate y el tablero virtual.
Exportar acciones