Trasfondo
Cada personaje tiene una historia. Aquí se cuenta la de Giuseppe (Joseph) Barone.
Detalles
Notas. Ficha Personaxe
.
| Atributo | Músculo | Destreza | Violencia | Enxeño | Vontade |
|---|---|---|---|---|---|
| Puntuación | 0 | 1 | 1 | 2 | 1 |
| Tirada | 2d6 | 2d6+1 | 2d6+1 | 2d6+2 | 2d6+1 |
Profesión: Médico. Curas 1d6 puntos de vida a unha persoa ferida. Necesitas cinco minutos para facelo.
Reputación: Anónimo. A xente só ten unha probabilidade de 1 entre 6 de descubrirte cuando tratas de pasar desapercibido
ESTADO
- Puntos de Vida (PV): 10 / 10
- Puntos de Cordura (PC): 11 / 11
ATRIBUTOS
- Músculo: 0
- Destreza: 1
- Violencia: 1
- Enxeño: 2
- Vontade: 1
Linguas (vivas ou mortas): Inglés, Italiano e Latín.
EQUIPO E ARMAS
- Arma: Pistola (1d6), Puño americano (1d6).
- Obxectos: Identificación falsa como Giovanni Caruso, barrendero. Pack de primeiros auxilios (10 usos)
TRASFONDO
Eras o gran exemplo de esperanza. Naciches nunha familia pobre. Acadaches unha prometedora carreira como médico. Tiveches o apoio da túa familia. Traballabas e intentabas estudar idiomas. Conseguiches coñecer a Dorothy Davis. Ela valorou o teu esforzo. Confesaches os teus desexos de estudar medicina. Ela veu o teu potencial. Falou ao seu pai de ti. Custou anos pero conseguino. Seu pai financiou os teus estudos. Non deixaches de traballar, por se acaso. Remataches a carreira con altas calificacións.
Obtiveches un emprego como médico. Recibías moitos agradecementos. Conseguías a confianza da xente. Chegouche unha solicitude inesperada. Reflexionaches sobre a vida e o sufrimento. Accediches ante as súas súplicas. Acabaches coa súa vida. Deixou de sufrir. Comezaches a recibir máis peticións. Era duro pero aceptábalo. Vías a súa dor. Sabías cánto duraría a súa agonía se non interviñas.
Houbo unha petición que te estremeceu. O mesmo Jack Davis. El era o pai de Dorothy, a túa mellor amiga. Pensáchelo moito. Aceptaches. Faleceu. Acompañaches a Dorothy no enterro.
Un día volviches a casa. A porta estaba aberta. Te tensaches. Había unha nota: "Sei o que fixeches. Non podo vivir con esta dor. Teño que pagar por terte axudado". A tensión aumentou e o pánico se apoderou de ti. Tiñas que falar con ela. Explicarlle. Ela entendería. Fuches á súa casa. Non abría a porta. Tiráchela abaixo. Atopáchela na súa habitación: aforcada. O teu mundo veuse abaixo. Os teus actos acabaron cunha vida inocente. Unha vida que tiña moito que vivir. Unha persoa que confiara en ti. Unha persoa que cría coñecerte. Non hai día que non te culpes.
Cambiaches de vida. Deixaches o traballo. Deixaches Dearborn. Volvícheste invisible. Un máis na rúa: unha persoa sen alma. A túa vida foi en decadencia en Chicago. Un día viches unha pelexa. Varios partiron deixando atrás un home malferido: Frank Nitti. Sanáchelo. Resultou ser a man dereita do mesmísimo Al Capone. Acabaches aceptando a súa proposta. Agora, aos teus 38 anos, es un médico clandestino do Outfit de Al Capone.
Rasgos
Rasgos personalizados
A continuación se muestran los rasgos que Giuseppe (Joseph) Barone ha obtenido utilizando medios menos convencionales...