Trasfondo
Cada personaje tiene una historia. Aquí se cuenta la de Alessandra (Alex) Sorrentino.
Detalles
Notas. Ficha Personaxe
| Atributo | Músculo | Destreza | Violencia | Enxeño | Vontade |
|---|---|---|---|---|---|
| Puntuación | 1 | 1 | 2 | 0 | 1 |
| Tirada | 2d6+1 | 2d6+1 | 2d6+2 | 2d6 | 2d6+1 |
.
Profesión: Tiradora. Engades +1 as túas tiradas de violencia con armas de fogo cando tes cobertura.
Reputación: Sombrío. Tes contactos nos baixos fondos e acceso a mercadoría ilegal, como drogas ou armas.
ESTADO
- Puntos de Vida (PV): 11 / 11
- Puntos de Cordura (PC): 11 / 11
ATRIBUTOS
- Músculo: 1
- Destreza: 1
- Violencia: 2
- Enxeño: 0
- Vontade: 1
Linguas (vivas ou mortas): Inglés.
EQUIPO E ARMAS
Arma: Navalla automática (1d6), Revólver (1d6).
Obxectos: Abrigo de pel caro. Un revólver de reserva. Unha preciosa flor para adorar o teu cabelo.
TRASFONDO
Nena de familia rica que buscaba emocións fortes. A ambición e o inconformismo te acompañan dende nena. Rexeitaches a túa vida fácil.
Clases de piano. Clase de danza. Hípica. Estudio de idiomas. Todo soberanamente aburrido. Na contra os rapaces podían facer cousas máis emocionantes. Xuntácheste co teu curmán Igor, disfrazácheste de mozo e puideches ir de caza. A primeira vez cunha arma na man. Foi amor a primeira vista. Nunca tal sentiras por ningún home.
Querías a túa propia arma. Comezaches a mover fíos. Fíos alleos a papá e mamá. Comezaches a coñecer xente "escura". Así coñeciches as mafias. Conseguiches a túa primeira arma. Conseguiches unha compañeira de tiro: Anastasia. Tiña 5 anos máis ca ti. Era unha boa mestra. Superáchela coa túa puntería. Nunca chegou a sabelo. Preto dela eras máis torpe. Nunca houbo explicación a iso.
Houbo unha noite incrible. Competístedes no "disparo a abrir botellas". Puñades botellas en orde, impares. Cada unha dende un lado disparaba: a ver cál abrían máis. Foi un empate emocionante: abrístedes a última entre ambas. Había que celebrar. Bebístedes todas as botellas. Vos deitástedes na herba a ver as estrelas. Bicáchela nos beizos. Foi un arrebato. Non volviches vela.
Buscáchela. Atopaches a Brandon. Era un bo tirador. El amosouche como mellorar o teu tiro. Con cobertura a túa puntería volveuse moi superior. Volvéstedesvos unlla e carne. Presentouche a seu irmán menor: Liam. Era o seu punto feble: adorábao. Liam quería ser como Brandon. Presentouche ao seu irmán maior: Brendan O’Sullivan: líder da mafia irlandesa en Dearnborn. Unícheste, ¿por qué non? Mandaches a paseo á túa familia os poucos, era moi aburrida. Tiñas unha nova familia.
Unha noite de sangue. Fóstedes axustar unha conta. O grupo rival non tivo opción antes vós. Puidestedes gañar sen matar. Non matas. Esta noite celebrástedes. Foi unha noite apaixoada con Brandon. Fora divertida. A sopresa foi uns días despois. Déstedes un paseo por un parque. Non houbo práctica de tiro. Non houbo ningunha viganza que executar. Axeonllouse e ofreceuche un anel. Era unha gran oportunidade para escalar. Quizais foi iso: dixeches que si.
Era un bo tío. Podías confiar nel. Ao parecer el non podía confiar en ti. Antes da voda empezaches a agobiarte. Fuches falar con el, un pouco agresiva. Non entendía nada. Non querías verte toda a vida ó seu lado. Nin un mellor posto na mafia valía tanto. Non sabes cómo pasou: matáchelo. Esa noite a túa alma cambiou. Fuxiches. Non es tonta. Se te quedabas ías ser asasinada.
As túas habilidades non pasaron desapercibidas. Agora, con 25 anos e en Chicago, traballas para o mesmísimo Al Capone, es parte do outfit. Es unha asasina. Agora matar é algo habitual en ti. Non estás orgullosa. Queríalo. Tes as mans manchadas de sangue. Do sangue do home que máis quixeches. Só non querías casar con el. Aínda che pesa a culpa. Levas sempre o pelo unha flor como a que che regalou.
Rasgos
Rasgos personalizados
A continuación se muestran los rasgos que Alessandra (Alex) Sorrentino ha obtenido utilizando medios menos convencionales...