Trasfondo
Cada personaje tiene una historia. Aquí se cuenta la de Carlo (Charlie) Morelli.
Detalles
Notas. Ficha Personaxe
| Atributo | Músculo | Destreza | Violencia | Enxeño | Vontade |
|---|---|---|---|---|---|
| Puntuación | 2 | 0 | 2 | 1 | 0 |
| Tirada | 2d6+2 | 2d6 | 2d6+2 | 2d6+1 | 2d6 |
.
Profesión: Bruto. Cuando loites a puñetazo limpo, tira 2d6 para o daño e quedas co dado máis alto.
Reputación: Brillante. Unha vez por sesión, tes éxito de manera automática nunha tarefa específica como se sacaras un 12.
ESTADO
- Puntos de Vida (PV): 12 / 12 (Músculo + 10)
- Puntos de Cordura (PC): 10 / 10 (Vontade + 10)
ATRIBUTOS
- Músculo: 2
- Destreza: 0
- Violencia: 2
- Enxeño: 1
- Vontade: 0
Linguas (vivas ou mortas): Inglés e Italiano
EQUIPO E ARMAS
- Arma: Pistola (1d6), Escopeta (2d6)
- Obxectos: Traxe italiano a medida. Petaca de prata con whisky. Tatuaxe dunha orquídea.
TRASFONDO
O alcol pérdete por iso non bebes. Non moito. Levas algo pero por se lle tes que limpar unha ferida. Si, iso é.
A bebida foi a causa de que o perderas todo, aínda que a Hilary dicía que a culpa era túa que non tiñas autocontrol e que así non chegarías lonxe. Pois se trabucaba, o conseguiches o máximo, es membro do Outfit de Chicago, traballas para o mesmísimo Al Capone.
Sempre tiveches un futuro brillante. ías a ser investigador ou un incrible mecánico, un químico, o que puideras soñar. Un xoven tranquilo, educado, estudioso, unha familia perfecta. Unha vida feliz. Coñeciches a Hilary nunha biblioteca, en Dearborn. Se contases que frecuentabas eses lugares ninguén cho crería. Ela tamén estudiaba, contabilidade en concreto. Era boa cos números, moi sociable e divertida. Tivéstedes un romance. Ata lle pediches matrimonio. Ela aceptara.
Foi nunha tarde que quedaches con Ambrosse, un compañeiro ao que os estudos non lle ían tan ben pero era dunha familia ben así que tampouco o precisaba. Invitouche a saír e bebéstedes, bebéstedes moito. Nese momento o alcol comezou a formar parte da túa vida. Notaches que Hilary deixou de verte igual, xa non eras tan bo nos estudos. Pero o alcol aguzou os teus sentidos, notaches como Hilary coqueteaba con outros homes. Tiveches algunha ca outra trifulca por mór dela. Non era culpa túa. Entre o alcol e os babosos acabaches máis de unha vez nunha cuneta. Ela decidiu rematar a relación. Iso confirmouche que estaba con outro, que non te respetaba. Beberas moito. Décheslle unha malleira. O último que recordas dela é o seu corpo rodeado de sangue tirado no chan.
Agora, aos teus 32 anos, o teu traballo é moi importante, protexes ao teu xefe e non tes que pensar. Non che gusta pensar, aínda que segues a ser un crack cando se che dá por aí. Ás veces recordas a Hilary, esas veces bebes, pero é culpa dela. Esa tatuaxe dunha orquídea no teu brazo tampouco axuda. Sempre se adoraba con unha. Non recordas cando o fixeches. Estarías borracho. Por sorte agora contas co teu grupo, sodes coma unha familia, vos apoiades e respectades. Sobre todo te apoias en Joseph, s túas compañeiras se parecen máis a Hilary ca el.
Rasgos
Rasgos personalizados
A continuación se muestran los rasgos que Carlo (Charlie) Morelli ha obtenido utilizando medios menos convencionales...